Proxecto
Acceder ao proxecto
| Resumo |
|
A importancia da monitorización continua da saúde faise cada vez máis patente segundo envellece a poboación. Os médicos queren ser capaces de monitorizar de forma próxima os posibles cambios que poidan suceder no estado da saúde dos seus pacientes sen que estes teñan que acudir periodicamente á consulta; hoxe en día saturada. Como resultado prodúcese unha demanda de dispositivos capaces de realizar unha monitorización precisa, continua, remota e, sobre todo, transparente e non invasora cara ao usuario. As redes sen fíos de sensores cumpren os requisitos necesarios para este tipo de aplicacións, de aí que as recentes investigacións de creación de sensores intelixentes para a monitorización de parámetros fisiolóxicos.
Estes feito propician o interese no desenvolvemento dun dispositivo central, para o fogar, de servizo médico remoto que sirva como pasarela entre as redes sen fíos despregadas nos fogares dos pacientes/usuarios monitorizados e os servidores do centro de asistencias sanitaria que de soporte ao servizo.
|



