Acceder ao proxecto



Portada

PORTADA-piramide_poboacion_galega

A pirámide de poboación galega ten unha clara tendencia á inversión: A porcentaxe de xente maior respecto á poboación total está a crecer de seguido, mentres a poboación nova, en idades produtivas, diminúe. Este feito, combinado co aumento dos tratamentos médicos leva ó actual modelo sanitario cara a unha situación de insustentabilidade. Actualmente o sistema de consultas da sanidade pública presenta un importante factor de saturación, debido en grande medida ás consultas periódicas e rutinarias dos usuarios con afeccións crónicas. Estes desprazamentos ó centro sanitario supoñen unha perda da calidade de vida para os doentes, feito acentuado nas zonas rurais características da nosa rexión.

Wireless Galicia, líder do grupo de traballo TIC-Saúde da plataforma Vindeira, en acción conxunta con dous dos seus membros, o grupo ATIS do CHUAC e co GTI da Universidade de Vigo, foi paso a paso abordando o estudo de melloras cara esta problemática dende o 2006.

O éxito destes traballos levan ó consorcio a abordar un novo ambicioso proxecto multidisciplinar wITelligence - Estudo, deseño e caracterización de arquitecturas abertas para a extensión de servizos de asistencia sanitaria no fogar intelixente, que supón un salto cualitativo de cara ó deseño dun sistema central, estándar, interoperable e aberto, que posibilite desprazar as atencións médicas básicas de control e seguimento, ó fogar dos usuarios. A contribución novidosa desta proposta con respecto ós anteriores proxectos é a definición dunha arquitectura software de servizo sobre a unidade central do fogar, que permitirá ó hospital instalar módulos de servizo remotamente, actualizalos e xestionalos. Estes módulos apoiaranse sobre un middleware adecuado, que a súa vez proporcionará servizos básicos de comunicación e alertas.